
Jean-Marie Gustave Le Clézio naceu o 13 de abril de 1940 en Niza, onde fixo os seus estudos no liceo para proseguir na Universidedade de Letras, onde se licenciou en 1960; logo traballou en Inglaterra, na Universidade de Londres. Aos seus 23 anos revelouse como un gran escritor coa publicación da súa primeira obra Le procès verbal (1963), que obtivo o Premio Renaudot e que supón xa unha ruptura coa literatura precedente. A partir dese momento a súa produción incrementarase cada ano. La Fièvre (1965), Le Déluge (1966), L’ Extase matérielle (1967), Terra Amata (1967), Le Livre de Fuites (1970), La Guerre (1970), Lullaby (1970), Voyages de L’ autre Côté (1975), Mondo et autres histoires (1978), Desert (1980), Le Chercheur d’or (1985), Hasard (1999) e L’ Africain (2004) son algúns dos títulos do seu extenso catálogo narrativo que acada case as cincuenta obras publicadas, na sua maior parte por Editions Gallimard. A súa última novela, Ritournelle de la faim, apareceu nas librarías francesas o pasado día 2 de outubro. A Academia Sueca na adxudicación do Nobel definiuno como ''escritor da ruptura, da aventura poética e da extase sensual''.
Esta obra é a escollida polo club de lectura para ler no mes de Febreiro. Como ninguén de nos coñecía a este autor, pensamos que esta é unha boa ocasión para descubrilo xuntos.
En Mondo e outras historias, protagonistas de nomes exóticos (Mondo, Lullaby, Alia, Daniel Sindbad…), rapazas e rapaces que arelan experimentar toda caste de sensacións, descobren as súas propias fantasías grazas a viaxes que realizan a poder de imaxinación. Suxeridoras viaxes que nos levan a Barasali, Dahlar Kebir ou Hazaran, onde a luz, a cor, o sol, rexen as súas vidas que precisan saír ó mar, botárense ó mundo á procura dos seus soños. Son adolescentes, cos seus problemas, que procuran a natureza como elemento liberador.
Mondo e Outras Historias, a lectura que escollimos para o mes de Febreiro parece que non foi do gusto dos membros do Club.Non sempre imos acertar.A min gustoume, en especial
ResponderEliminara atmósfera que suxiren os seus contos,movendose entre a fantasía e a realidade,provocando un forte desexo de descubrir esas paisaxes que nos remiten a África e que ós meus ollos de lectora teñen unha luz maravillosa.
Este libro no me gusto mucho porque el escritor da muchos detalles; es muy descriptivo.
ResponderEliminarPero lo que más me gusta es que esta lleno de aventuras, fantasías, paisajes en los que te dan ganas de entrar en el libro.
Lo recomiendo a todo el que le guste leer.
Lorena De Oliveira