martes, 11 de mayo de 2010

Lecturas do mes de maio





A primeira lectura deste mes é O libro de relatos de Agustín fernandez Paz "O único que queda é o amor", diferentes historias que teñen como tema principal o amor, tratado poeticamente.

Lecturas do mes de abril







No mes de abril, decidimos facer dúas lecturas, a primeira delas, foi o cómic de Miguelanxo Prado "A mansión dos Pampín", historia dunha familia que herda unha vivenda a través da cal podemos reflexionar sobre os seus soños, ilusións... pero tamén sobre a destruccion da paisaxe do noso pais, e sobre o grave problema do feísmo que nos rodea.












A segunda lectura, foi unha homenaxe aos libros e a lectura, a través da breve obra de Stefan Zweig, "Mendel el de los libros" na que se nos conta a historia dun xudeo, Mendel, residente no café Gluck de Viena e que é un gran coñecedor de todo o que se edita en Europa durante a Primeira Guerra Mundial. Dun home que vive só para os libros, que non entende a vida fóra deles e que se verá desbordado polos graves acontecementos que están a ocorrer no mundo exterior.

miércoles, 10 de marzo de 2010

Homenaxe a Miguel Hernández

Estas páxinas son interesantes para saber máis de Miguel Hernández :

http://mhernandez.narod.ru/poesia.htm

http://www.youtube.com/watch?v=vQM1qolDL_A
HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ

Nos últimos tempos enredámonos coa poesía e decidimos que na nosa próxima xuntanza cada un traería o seu poema preferido e que faríamos unha lectura e posta en común. Tamen decidimos que xa que este é o ano no que se cumple o centenario do nacemento de Miguel Hernández que ben podiamos facerlle unha homenaxe. Agardamos que vos guste a actividade.

domingo, 24 de enero de 2010

O libro que escollemos para comezar o ano é" O home que plantaba árbores" de Jean Giono. Publicado pola editorial Galaxia en tradución de Ánxela Gracián e con ilustracións de Jacobo fernández.
Este pequeno gran libro fala da vontade para cambiar a realidade por
dificil que esta nos pareza. fala tamen das pequenas contribucións a mellorar o mundo no que vivimos que,a maioría das veces,están na nosa
propia man.
Pensamos que é un libro necesario nos tempos que nos tocaron vivir.
Esperamos que disfrutedes da súa lectura.

domingo, 10 de enero de 2010



As Lecturas dos máis pequenos están dirixidas polas profesoras Manuela Rivo e Elvira Moroño.