martes, 11 de mayo de 2010

Lecturas do mes de abril







No mes de abril, decidimos facer dúas lecturas, a primeira delas, foi o cómic de Miguelanxo Prado "A mansión dos Pampín", historia dunha familia que herda unha vivenda a través da cal podemos reflexionar sobre os seus soños, ilusións... pero tamén sobre a destruccion da paisaxe do noso pais, e sobre o grave problema do feísmo que nos rodea.












A segunda lectura, foi unha homenaxe aos libros e a lectura, a través da breve obra de Stefan Zweig, "Mendel el de los libros" na que se nos conta a historia dun xudeo, Mendel, residente no café Gluck de Viena e que é un gran coñecedor de todo o que se edita en Europa durante a Primeira Guerra Mundial. Dun home que vive só para os libros, que non entende a vida fóra deles e que se verá desbordado polos graves acontecementos que están a ocorrer no mundo exterior.

1 comentario:

  1. Unha pequena xoia , este libriño .Aparece nel o amor polo libros (ou polo saber) encarnado polo protagonista.Lembreime de persoas que coñecín e que tamén adoran os libros dunha maneira ou doutra.O que está claro é que este amor deixa unha forte peagda sempre no carácter .Despois de cada lectura xa hai muda , cambio...
    Para reflexionar ese estado de concentración máxima nun tema, que mantiña ao protagonista practicamente á marxe da realidade e que nefastas consecuencias lle había de traer.
    Como sempre interesante charla arredor da lectura .
    ELVIRA MOROÑO

    ResponderEliminar