domingo, 24 de enero de 2010
domingo, 10 de enero de 2010
LECTURAS DRAMATIZADAS COS ALUMNOS DE 1º DE ESO
Durante este primeiro trimestre do curso 2009/2010 cos alumnos de 1º ESO achegámonos ao texto teatral a través da lectura dramatizada de tres pezas de teatro infantil. Estas lecturas son máis factibles que a representación teatral dentro do ámbito escolar e asemade evitamos fragmentar os textos
Realizamos esta actividade cos alumnos de 1º de ESO, na biblioteca do centro, durante unha sesión semanal na matería de Lingua e literatura galega.
O obxectivo principal da actividade é traballar a comprensión lectora cos alumnos.Para iso fixemos dúas lecturas de cada texto.Unha primeira centrada fundamentalmente en levantar dúbidas de vocabulario e na comprensión global do texto e unha segunda na que xa nos centramos máis na dramatización .
OS TEXTOS
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS de Carlos Casares
Un clásico da nosa literatura dramática infantil.O humor e a fantasía percorren este marabilloso texto no que asistimos a un suceso extraordinario: o limoeiro de Anxa e Elias aparece unha mañá cheo de laranxas, mais non son unhas laranxas comúns,son inmensas e estoupan ao tocalas.
O MERLO BRANCO de Cándido Pazó
Texto divertido e ameno no que se trata o tema da exclusión e o rechazo ao diferente, a través das peripericias dun merliño que nace branco e que é rexeitado pola propia familia.
O merlo na procura da súa identidade - xa que segundo os seus non pertence á especie dos merlos , pois é branco – toparase cunha gaivota tragona e aproveitada, cun flamingo vanidoso e lambido, cunha cotorra moi faladora, cunha pomba veloz e cun voraz corvo.
ANIMALADAS de Javier Alcáraz
En Animaladas encontramos na sala dos animais africanos dun zoo:un león, unha avestruz e unha cebra que levan toda a vida vivindo en catividade.Non coñecen outra vida máis alá da gaiola.Pero chegar un novo compañeiro , o gorila que lles explica o que é a liberdade .
Animaladas aborda temas como a liberdade, a importancia de aceptar aos que nos rodean tal como son , o valor da experiencia ou a necesidade de coidar adecuadamente aos animais en catividade e de rradicar a caza e a cría ilegal .