domingo, 10 de enero de 2010

LECTURAS DRAMATIZADAS COS ALUMNOS DE 1º DE ESO

Durante este primeiro trimestre do curso 2009/2010 cos alumnos de 1º ESO achegámonos ao texto teatral a través da lectura dramatizada de tres pezas de teatro infantil. Estas lecturas son máis factibles que a representación teatral dentro do ámbito escolar e asemade evitamos fragmentar os textos

Realizamos esta actividade cos alumnos de 1º de ESO, na biblioteca do centro, durante unha sesión semanal na matería de Lingua e literatura galega.

O obxectivo principal da actividade é traballar a comprensión lectora cos alumnos.Para iso fixemos dúas lecturas de cada texto.Unha primeira centrada fundamentalmente en levantar dúbidas de vocabulario e na comprensión global do texto e unha segunda na que xa nos centramos máis na dramatización .

OS TEXTOS

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS de Carlos Casares

Un clásico da nosa literatura dramática infantil.O humor e a fantasía percorren este marabilloso texto no que asistimos a un suceso extraordinario: o limoeiro de Anxa e Elias aparece unha mañá cheo de laranxas, mais non son unhas laranxas comúns,son inmensas e estoupan ao tocalas.

O MERLO BRANCO de Cándido Pazó

Texto divertido e ameno no que se trata o tema da exclusión e o rechazo ao diferente, a través das peripericias dun merliño que nace branco e que é rexeitado pola propia familia.

O merlo na procura da súa identidade - xa que segundo os seus non pertence á especie dos merlos , pois é branco – toparase cunha gaivota tragona e aproveitada, cun flamingo vanidoso e lambido, cunha cotorra moi faladora, cunha pomba veloz e cun voraz corvo.

ANIMALADAS de Javier Alcáraz

En Animaladas encontramos na sala dos animais africanos dun zoo:un león, unha avestruz e unha cebra que levan toda a vida vivindo en catividade.Non coñecen outra vida máis alá da gaiola.Pero chegar un novo compañeiro , o gorila que lles explica o que é a liberdade .

Animaladas aborda temas como a liberdade, a importancia de aceptar aos que nos rodean tal como son , o valor da experiencia ou a necesidade de coidar adecuadamente aos animais en catividade e de rradicar a caza e a cría ilegal .

8 comentarios:

  1. A min das lecturas teatrais gustoume O merlo Branco.
    Vanesa

    ResponderEliminar
  2. Gustoume ler cos meus compañeiros e ter o papel do pai do merlo branco.

    Manuel Boan .1º eso B

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  5. a min gustoume a historia das laranxas

    ResponderEliminar
  6. A min gustoume o do merlo branco.E algo que non me gustou e que algus alunnos desprezaran este traballo realizado pola mestra "Elvira" que se esforzou e non valen as disculpas porque foi algo grabe.Saudos.
    MANUEL BOAN DOVAL 1ºB

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  8. hola son manuel fernandez de 2 eso e a elvira e unha pesada e dame igual se me suspende porque me la suda e un saudo pra patricia de 2 eso

    ResponderEliminar