
Esta novela, protagonizada polo inspector Caldas, salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humor nas doses precisas que esixe o xénero negro.
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O séu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.
Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense, "Ollos de auga" sitúa o seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco.
A triloxía de Larssonlevoume a Agatha Cristie e agora o clube lector do 1210 mantenme nas lecturas negrocriminais con Ollos de auga de Domingo Villar.
ResponderEliminarA lectura de Ollos de auga resultoume divertida e moi amena.Ten o atractivo das xeografías coñecidas- a bourenta e caótica cidade de Vigo e a súa fermosa ría- e o atractivo engadido de vernos- os galego - nos ollos do áragonés Rafael Estévez que por moemntos desespera da nosa terra e das nosas xentes.
Mais a lectura aínda nos aportou a interesante experiencia do intercambio de opinións entre as compañeiras e máis as edificantes aportacións de Isolina sobre a historia , autores e personaxes máis relevantes da novela negra que pasa por un boísimo momento.
Por todo isto convídivos a unirvos ao clube de lectura e a dar a benvida a Leo Caldas , un patriota galego , ao tamén clube de célebres investigadores privados.
Elvira M.